Este luns, día 8 de xaneiro, ás 17:00 horas, tivo lugar o sorteo dos premios da campaña de Nadal do CCA Carballo. Actuaron como mans inocentes Lucía e Carmen García Fernández quenes se encargaron de extraer as tres papeletas premiadas de entre as miles que participaban no sorteo.
Os gañadores foron:
Mª Carmen Aldao Cuervo, premio de 1.000 € para consumir nunha hora.
Antonio Becerra Castro, segundo dos premios de 1.000 € para consumir nunha hora.
Natalia Ruiz Díaz Peralta, paga extra de 300 € mensuais durante todo o ano 2024.
Os/as gañadores/as serán informados polo CCA Carballo no teléfono indicado na propia papeleta, acordando entre eles o día da entrega e consumo dos premios.