Sorteo Copa do Rei: O Sevilla FC medirase en Carballo ao Bergantiños FC

O partido celebrarase, previsiblemente, en Carballo entre o 18 e o 20 de decembro.

O sorteo celebrouse na mañá deste domingo na sede da Federación Española de Fútbol en Madrid. O azar quixo que o Sevilla FC fose o equipo que visite Carballo en Nadal para enfrontarse ao Bergantiños FC a partido único.

Sorteo completo Copa do Rei de Fútbol 2020.

A primeira rolda da Copa do Rei de fútbol deparou os seguintes enfrontamentos dos clubs galegos:

Bergantiños F. C. – Sevilla F. C.

Peña Azagresa – R. C. Celta

Sestao River – C.D. Lugo

C.F. Illueca – R.C. Deportivo

Coruxo F. C – C.D. Mirandés

Pontevedra C. F. – U.D. Eivisa

Raio Majadahonda – Racing Ferrol

Os partidos dispútanse no campo do club de inferior categoría.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha