SpaceX e a NASA envían a súa primeira misión tripulada ao espacio

1 minutes read
  • A nave despegou desde a mesma plataforma desde a que partiu o Apollo 11 que levou ao home á Lúa.

A empresa espacial do empresario multimillonario Elon Musk, SpaceX, enviou aos astronautas da NASA, Douglas Hurley e Robert Behnkhen, á Estación Espacial Internacional. Foron a bordo do foguete Falcon 9 desde Florida, marcando a primeira misión da compañía que transporta humanos a bordo. A misión, bautizada de Demo-2, orixinalmente íase levar a cabo o pasado mércores, pero foi aprazada polo mal tempo.Terminada a conta atrás, o Falcon 9 subiu polo ceo como unha xavelina incandescente. A cápsula Crew Dragon adherida á súa punta, que o foguete soltou no espazo antes de aterrar de pé nunha embarcación-dron, é unha variación da Cargo Dragon, non tripulada, coa que a compañía pon regularmente satélites en órbita para clientes e envía mercadorías á Estación Espacial Internacional, no marco do seu contrato coa NASA. Antes deste día histórico, o Falcon 9, con nove motores e de 68,4 metros de altura, voou xa 85 veces nos últimos 10 anos. A Crew Dragon ten capacidade para transportar a sete pasaxeiros, pero nesta primeira viaxe voan só dous veteranos do espazo con ampla experiencia.