O documento audiovisual que da vida a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas foi presentado o pasado mércores 22 no pavillón de Turespaña en FITUR Madrid, pero desde este domingo xa se pode acceder publicamente a el en todas as plataformas dixitais – Camariñas, 30 anos na vangarda da moda- . Este ano rompe cos estereotipos ao utilizar como imaxe promocional ao modelo internacional Damián Álvarez Tajes, aínda que coa tamén colaboración da actriz galega Tamara Rey. O vídeo oficial da «Mostra», como en anos anteriores foi realizado ao detalle por grandes profesionais da materia, Diego Alonso Freire e Raúl Lorenzo. A gravación do spot ocupou 7 xornadas en diferentes localizacións e outras tantas de montaxe, a música foi creada polo músico camariñán Carlos Barcia.
Resumo do spot da Mostra do Encaixe 2020
O spot trata sobre un “celebrity” que anda buscando, coa axuda da súa parella, un chaqué para asistir a unha gala de alfombra vermella da moda. Despois de percorrer varias tendas de alta costura da gran cidade, os protagonistas non atopan nada que lles convenza e deciden deixar de buscar e tomarse un respiro cun paseo pola Costa da Morte recalando finalmente en Camariñas. En primeiro lugar visitan, como non podía ser doutro xeito, os lugares de Vilán, Trece e Monte Branco. Despois acércanse ao porto camariñán e deciden comer nun restaurante do concello. E é alí onde descobren en internet o Museo do Encaixe e aló se dirixen finalmente para coñecer de que se trata.
Percorren xuntos toda a exposición marabillados do que as palilleiras de Camariñas son capaces de crear e, cando están a punto de rematar a visita, atopan o chaqué adecuado que o noso protagonista lucirá nesa gala tan importante na que estaba citado. O traxe en cuestión é un luxoso chaqué de brillos adornado con detalles de encaixe: a paxarela, os xemelos, un espectacular fajín con incrustes de encaixe e os impresionantes zapatos con encaixe.
Na seguinte escena xa aparece o protagonista do spot saíndo dun luxoso coche na alfombra vermella do evento e rodeado de decenas de admiradores que quedan impresionados co traxe provinte de Camariñas con eses detalles de encaixe que o seu ídolo luce na gala da moda. Ao final Damian sube a escalinata do evento e remata o vídeo co logo da Mostra do Encaixe 2020.
Así se fixo: