Sri Lanka ilegaliza aos grupos sospeitosos dos atentados

1 minutes read
  • Polo menos 15 mortos nunha operación contra os terroristas islamitas

Polo menos 15 persoas, entre elas seis nenos, morreron este sábado de madrugada nun asalto das forzas de seguridade de Sri Lanka, durante o cal uns kamikazes se inmolaron. Un civil foi abatido nun intercambio de disparos durante a incursión nocturna da policía, preto da cidade de Kalmunai, no leste de Sri Lanka. Unha muller e un neno feridos foron levados ao hospital.

O presidente Maithripala Sirisena anunciou a ilegalización de todos os grupos sospeitosos dos atentados do Domingo de Pascua en Sri Lanka que se saldaron con máis de 250 mortos, entre eles dous mozos españois.