Sting, actuará o 6 de agosto de 2022 en Vigo


O líder de The Police tiña previsto actuar no auditorio ao aire libre de Castrelos no 2020 como parte da súa xira internacional, que cancelou pola irrupción da pandemia. Agora Sting vén de anunciar que deixa o seu tour para o próximo ano 2022 e visitará Vigo o 6 de agosto. “Será un gran e memorable concerto”, valorou este venres o alcalde, Abel Caballero, unha data na que terá lugar “o máis importante concerto que se fixo nunca na historia desta cidade”. Un dinámico espectáculo que rememorará todos os grandes éxitos na prolífica carreira do dezasete veces gañador do premio Grammy, tanto como parte de The Police como sendo solista.