Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas renovan patrocinio para a Mostra do Encaixe deste ano

As empresas Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas, afincadas no municipio, reforzan novamente a aposta pola Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña e serán patrocinadoras desta triséximo quinta edición.

A alcaldesa, Sandra Insua, xunto coa concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, e a directora da Mostra, Dolores Lema, definiron as liñas de colaboración co director de Sustentabilidade de Stolt Sea Farm, Carlos Tavares, e co director xeral de Frigoríficos de Camariñas, José Luis Canosa, a directora técnica, Verónica Canosa, e a directora comercial, Adriana Canosa.

Deste xeito, as empresas contribuirán á promoción do Encaixe de Camariñas, co obxectivo de financiar as actividades que sexan necesarias para por en valor á muller como elemento dinamizador do municipio a través do seu labor.

Ademais, tamén se organizará unha degustación de polbo (venres 3 de marzo ás 19:30 horas) e de rodaballo (sábado 4 de marzo ás 14:00 horas) no recinto da Mostra e serán os encargados de entregar diferentes premios no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores.

Related posts

O Concello de Ponteceso completa a reforma dos camiños de Tella e reforza a protección do polígono fronte aos incendios

O BNG levará a loita contra a macroplanta de biogás de A Laracha a todos os concellos do Anllóns

O PSdeG acusa ao PP e ao goberno galego de “poñerlle alfombra vermella” á planta de biogás de Soandres