Stolt Sea Farm será unha das principais empresas patrocinadoras da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas


Así o acordaron a alcaldesa do Concello, Sandra Insua, e o Director de Relacións Institucionais de Stolt Sea Farm, Emilio Ferro, nunha reunión na que se estableceron as principais liñas do convenio de colaboración entre ambas entidades. A empresa aportará unha importante contribución para a promoción do Encaixe de  Camariñas, co obxectivo de financiar as actividades que sexan necesarias para poñer en valor á muller como elemento dinamizador do municipio a través da súa labor de palilleira. Como contraprestación, a imaxe corporativa de Stolt Sea Farm estará presente durante toda a Mostra do Encaixe e tamén nas actividades previas e posteriores que se leven a cabo relacionadas co evento.