Stoupa poxa 35 pezas inéditas da colección #CorentenaCreativa

2 minutes read
  • As obras foron creadas por artistas da Costa da Morte durante o confinamento

A galería e tenda ceense Stoupa está realizando unha poxa pública de diferentes pezas e obras artísticas que algúns dos seus colaboradores máis emblemáticos crearon ou idearon durante o confinamento, e que serven para lembrar ou reflexionar sobre estes momentos excepcionais que estamos a vivir.

O resultado destes traballos é a colección #CorentenaCreativa, unha mostra de 35 obras de arte únicas de autores da Costa da Morte das máis variadas disciplinas artísticas, entre as que se atopan a pintura, a escultura, a fotografía, a reciclaxe creativa ou a xoiería.

As 35 pezas únicas forman parte dunha poxa pública que durará todo o verán e na que todos os interesados poden participar, tanto presencialmente como a través das redes sociais ou da súa páxina web. Cada unha das ofertas seralle notificada inmediatamente ao autor da obra, que decidirá se adxudica a peza nese momento por ese prezo, ou se desexa que continúe a poxa.

Na actualidade están expostas na galería ceense 22 das 35 pezas da colección. As restantes 13 obras aínda están en fase de execución e irán chegando nos próximos días a Stoupa a medida que os seus autores as rematen.

As 35 pezas da colección estarán fisicamente expostas ao público en Cee durante os tres meses de verán, de martes a sábado, polas mañás de 11h. a 14h. e polas tardes con cita previa chamando ao teléfono 661436483. A mostras será clausurada cun evento especial e se as circunstancias o permiten, o próximo 25 de setembro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?