#Stoupando22 para vender a arte e artesanía da Costa da Morte

Cedida.

Xa son seis anos de vida da galería ceense vendendo a arte, a cultura e o emprendemento da Costa da Morte. Stoupando é o título da mostra colectiva que Stoupa oferta todos os anos nos meses de verán desde xullo de 2016 para celebrar os seus aniversarios.

#Stoupando22 conta, ademais das novidades desde ano, coas sinaturas clásicas de colaboradores da galeria: artesáns e artistas cuxas pezas están cargadas de tradición e historia da Costa da Morte, deseños versátiles, personalizados,e de calidade.

Como novidades deste ano destaca a obra do fotógrafo británico afincado en Carnota Sam Ponsford, as ilustracións de Laura Suarez ou as cerámicas impresas en 3D de Alberto Lista.
Obras de todos estos artistas se poderán atopar en Stoupa aqueles que queiran coñecer un pouco máis sobre a a cultura da Costa da Morte. Trátase dunha pincelada de arte autóctona coa que Stoupa festexa estes seis anos apostando forte polo produto local, achegando á xente ao mundo da artesanía ademáis de liberala da idea equívoca de que esta non está ao alcance de todos. Á vez, deste xeito, invita a todos a agasallar pezas únicas e persoáis feitas por autores da nosa terra. Ou a levar un recordo das vacacións que se poida lucir nun lugar de honra na casa.
A exposición pode visitarse na galeria ceense ata principios de setembro de martes a sábado de 11 a 14 h, venres pola tarde de 17 a 20 h, e a calquera hora e día con cita previa, chamando ao teléfono 661436483.