Subcampionato de España para os duatletas cadetes da AD Fogar

A Agrupación Deportiva Fogar de Carballo e Oleiros proclamouse subcampión de España de categoría cadete por equipos.

Trece triatletas da AD Fogar tomaban parte no Campionato de España de Dúatlon que se desputaba na localidade asturiana de Avilés e no que participaban máis de 1.700 deportistas. Tras case dez horas de retraso sobre o horario previsto por mor do temporal, os de Carballo e Oleiros volveron a brillar entre os mellores do panorama nacional. Os cadetes con Hugo Souto 5º, Anxo Bello 7º e Oscar Alberte 32º proclamáronse Subcampións de España por equipos, categoría na que a única representante feminina Irea Alén remataba nunha meritoria 10ª praza individual. Os xuvenís con Rubén Otero 64º, Xabier Guitián 72º e Álvaro Díaz 151º foron 21º; mentres que os júniors con Pedro López 30º, Álvaro Elizalde 41º e David Sancho 61º remataron nunha moi boa 6ª praza a pesar da ausencia de Andrés Prieto que se atopa a preparar a proba da Copa de Europa Júnior de Caorle, na que tomará parte co combinado nacional o vindeiro 13 de maio.