Sucesos| Localizan o corpo dunha persoa flotando na praia de Oza, na Coruña, e un motorista falece contra un muro en Vilalba

1 minutes read

O equipo acuático dos Bombeiros da Coruña rescatou ao corpo da vítima que o levou ata o peirao de Oza. Un particular foi quen, sobre as 09:00 horas deste sábado, contactou co 112 Galicia para informar do achado, na entrada da praia de Oza, no lugar de Xubias, en Oza (A Coruña).

Tras recibir o aviso, o 112 Galicia activou un dispositivo de intervención formado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros da Coruña, Garda Civil, Policía Nacional, Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas de Galicia, Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Coruña.

Así, os Bombeiros da cidade nada máis recuperar o cadáver, levárono na súa embarcación ata o porto marítimo de Oza. As Forzas da Orde investigan as causas do suceso.

Un motorista de 20 anos falece logo de bater a moto que conducía contra un muro en Vilalba

Sucedeu este pasado venres cando faltaban uns minutos para as 22:30 horas. Ademais do persoal sanitario, un particular informaba ao 112 Galicia dun accidente de moto na rúa de Plácido Peña, 107 en Vilalba (Lugo). Indicaba que a moto chocara contra un muro e o motorista non se movía.

Malia que os servizos de emerxencias desprazáronse de inmediato ao punto, o persoal sanitario tan só puido confirmar o falecemento do mozo.

Os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os efectivos da agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade tamén foron avisados polo 112 Galicia nada máis recibir a chamada de alerta.