Sucesos | Tres feridos nun choque múltiple en Laxe | Arde un tractor en Ponteceso

Tractor atendido_Ges Ponteceso.

O primeiro dos sucesos tivo lugar este venres. Os Bombeiros do GES de Ponteceso foron movilizados para apagar un incendio que se producira nun tractor, en Niñóns, Ponteceso. A rápida actuación do propietario apagando co seu extintor, e sacando o vehículo do monte fixo que as consecuencias non foran a mais. Nesa situación os Bombeiros procederon a enfriar o vehículo para que non volvese a prender lume nel, xa que seguia botando abundante fume.

O suceso máis grave tivo lugar este sábado. O 112 Emerxencias Galicia deu a voz de alarma preto das oito da tarde por unha colisión entre tres turismos na estrada comarcal AC-433, no punto quilométrico 6, en Traba de Laxe. Ao lugar acudiron rapidamente os servizos de urxencia, o 112 Galicia foi alertado por varios particulares e facilitoulle a información ao 061, á Garda Civil de Trafico, aos Bombeiros de Carballo, ao GES de Ponteceso e aos membros de Protección Civil da localidade. Estes últimos foron os que lle confirmaron aos xestores do CIAE-112 Galicia, unha vez chegados ao lugar do sinistro, que resultaran feridas tres persoas que foron trasladadas en ambulancia.