Sufocan un incendio nun alpendre na Ponte do Porto

0 minutes read

O lume produciuse nun alpendre que fai de garaxe e que está situado ao carón dunha vivenda de Dor, na Ponte do Porto, Camariñas. No lugar había gardado un turismo, aperos e varias bombonas de butano. Requeridos polo 112 Emerxencias Galicia, ao punto trasladáronse os Bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Cee, que contribuíron ao apagamento do lume. Tamén estivo presente unha patrulla da Garda Civil. Afortunadamente non houbo que lamentar danos personais.