Tras ser localizado por axentes do instituto armado nun monte próximo ao lugar dos feitos. Despois dunha hora de negociacións, para tentar que se entregase, pegouse un tiro pasadas as dez da noite. Destinado no cuartel de Baiona, tiña unha orde de afastamento de 300 metros e a prohibición de comunicarse coa vítima. Había denuncias previas por violencia machista. A muller, de 44 anos, faleceu dun disparo ás portas do cámping O Muíño, no concello de Oia. Aconteceu sobre as catro da tarde e cando chegaron os equipos de emerxencia só puideron confirmar a súa morte. De acordo cos datos facilitados pola alcaldesa de Oia, Cristina Correa, a muller era natural de Lugo e traballaba no cámping, onde residía. O Concello decretou tres días de loito oficial.
0