Sumar | 500.00 empregos, reducir o paro ao 7% e subir o SMI por encima do IPC

1 minutes read

Así se desprende do programa, de 185 páxinas, que o partido que dirixe Yolanda Díaz deu a coñecer este xoves nun acto en Madrid. «Un programa que pon no centro os dereitos, sobre todo os das persoas máis vulnerables, e que expón un cambio de modelo produtivo, de redistribución da riqueza e de consumo», defendeu María Eugenia Rodríguez Palop, coordinadora do programa. «É o programa da esperanza fronte ao abismo, a incerteza e o medo, o programa do futuro fronte á cancelación do futuro que ven as dereitas», engadiu. En liñas xerais a formación pretende crear 500.000 postos de traballo ligados ás enerxías renovables, reducir o paro do 13 ao 7% e subir o salario mínimo interprofesional por encima do IPC.