Sumar chama a BNG e PSdeG a traballar ‘conxuntamente e gañar a Xunta’

1 minutes read

Sumar Galicia botou a andar este sábado para as próximas autonómicas galegas. Un proxecto que presentou a líder da formación, Yolanda Díaz, na Coruña, onde aproveitou para facer un chamamento ao PSdeG e ao BNG para “traballar conxuntamente” co seu partido para “gañar a Xunta”, xa que considera que “o cambio” na comunidade “é posible e necesario”. “Temos diferenzas, témolas, pero temos que transmitir esperanza e capacidade de traballo conxunto para chegar á Xunta igual que para o Goberno de España”, salientou na posta de gala da formación, que estivo tamén protagonizada polo seu voceiro, Paulo Carlos López, a recente incorporación do ex socialista Juan Díaz Villoslada e a educadora social Rocío Núñez.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?