Sumar delega na súa voceira, Marta Lois, a reunión con Feijóo

O partido que lidera Yolanda Díaz, enviou unha carta ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, con motivo da rolda de contactos para formar goberno á que están convocadas todas as formacións excepto EH Bildu, na que mostra a súa dispoñibilidade para reunirse co líder do PP, confirma que enviará á súa voceira parlamentaria, Marta Lois, e pídelle ao candidato á investidura que retire os recursos de inconstitucionalidade contra a reforma laboral ou a ‘lei trans’.

«Se Feijóo ten vontade de chegar a acordos, debe empezar por respectar os importante pactos sociais vixentes», sinala Sumar na misiva con «consideracións» previas ao encontro que resume en catro puntos.

O partido de Díaz, actual vicepresidenta segunda en funcións e ministra de Traballo, volve insistir en que a investidura do líder do PP está «condenada ao fracaso e resulta unha perda de tempo para a cidadanía».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha