Sumar Galicia rexistrouse este mércores como partido no Ministerio do Interior

1 minutes read

O movemento que a nivel estatal lidera a vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, inicia deste xeito a súa preparación para as eleccións galegas do próximo ano, para as que aposta «pola unidade”. O profesor da USC, Paulo Carlos López, será o portavoz da formación, que se reivindica como «unha organización galega autónoma que estará federada co Movemento Sumar a nivel estatal». Paulo Carlos, enviou unha misiva ás máis de 3.500 persoas rexistradas na comunidade, na que se compromete a «seguir tecendo a esperanza e a ilusión que xa está a transformar, con políticas públicas útiles, a nosa realidade cotiá».