Margaret Keenan, unha muller de 90 anos foi, este martes, a primeira persoa no Reino Unido e o mundo en recibir a vacina contra a covid-19 desenvolvida pola farmacéutica estadounidense Pfizer e o seu socio alemán BioNTech, máis alá daquelas que a puxeron dentro da fase do ensaio clínico. A muller agradeceu ao Servizo Nacional de Saúde pola forma en que a atenderon e aconsellou á xente vacinarse. «Si eu a podo recibir aos 90 anos, entón vostede tamén pode recibila», afirmou. Uns 50 hospitais de Inglaterra, Escocia, Gales e Irlanda do Norte empezaron coas vacinacións a maiores de 80 anos e empregados do sector sanitario e de fogares de anciáns, aínda que os residentes en si terán que esperar a que a loxística permita o traslado ao lugar da vacina nos próximos días.