A Deputación da Coruña financiou a compra de scooters, bicicletas e equipos de comunicación a 20 bases de Protección Civil da provincia. A liña de axudas contou cun orzamento de 93.034 euros ás agrupacións e asociacións de concellos con menos de 50.000 habitantes.
Na Costa da Morte os grupos de Protección Civil beneficiarios deste tipo de material son os de Vimianzo, A Laracha, Carnota e Muxía, que adquiriron scooters. No caso de Dumbría, o equipamento mercado foron bicicletas. Mentras, o lote de equipos de comunicación tivo como beneficiaria a asociación e agrupación de Carballo.
Ademais os concellos de Ames, Betanzos, Negreira, Boiro, Val do Dubra, Curtis, Bergondo, Muros, Boimorto, A Pobra, Mazaricos, Ares e Abegondo, tamén resultaron adxudicatarios deste tipo de material.
O deputado de Promoción Económica, Blas García, resaltou que con estas axudas económicas “se atenden as demandas de material e novo equipamento realizadas desde as diferentes agrupacións, que fan un traballo excepcional na provincia”. García destacou que durante o ano de pandemia “realizaron un labor impecable”.