Superado o primeiro día da edición «máis agardada» da Mostra do Encaixe de Camariñas

Inauguración de la XXX Mostra de Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña_Concello

  • A inauguración oficial correu a cargo da alcaldesa, o delegado do goberno en Galicia e o presidente da Deputación da Coruña

A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña alzou o voo este venres coa inauguración oficial da que é a «edición máis agardada», segundo sinalou a alcaldesa da localidade, Sandra Ínsua. No acto de presentación estivo acompañada polo delegado do goberno en Galicia, José Miñones; e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, entre outros.

Este espectacular evento sempre ten lugar durante a Semana Santa, aínda que por causa da pandemia tivo que ser aprazado elixindo os organizadores esta fin de semana con motivo ademais da ponte do Pilar. «Camariñas enteiro necesitaba dun empuxe psicolóxico como o que nos aporta a celebración da Mostra do Encaixe porque sen ela somos menos fortes, estamos máis lonxe uns dos outros», afirmou a rexedora.

Pola súa parte, José Miñones agradeceu que o convidasen ao encontro de encaixe «máis importante do mundo» e felicitou a todos os implicados por misturar con éxito «tradición e vangarda». A nivel provincial, o presidente da Deputación da Coruña recalcou a boa sintonía entre a entidade e o Concello, apostando por «seguir poñendo en valor este evento».

Despois da pertinente visita aos diferentes postos que se ubican nos dous pavillóns municipais acondicionados para a ocasión, as autoridades presentes puideron gozar do desfile do PequEncaixe así como da pasarela inaugural da Mostra. Damián Álvarez, modelo natural de Vimianzo e protagonista do cartel desta edición, foi o encargado de abrir o primeiro desfile de Grandes Deseñadores.

Consulta aquí a programación completa.

Desfile ‘PequEncaixe’_Concello de Camariñas

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha