Avanzan a moi bo ritmo as inscricións para participar na sexta edición da Carreira Popular do Apóstolo, que a Asociación Adro de Vilaño organiza no concello larachés, xunto cunha Andaina Saudable e Solidaria en beneficio de Cáritas e a AECC.
O evento será este domingo 16 de xullo en horario de mañá e as inscricións permanecerán abertas ata o xoves 13 de xullo. Os interesados poden facelas efectivas na web www.carreirasgalegas.com ou ben de forma presencial nas oficinas do Concello da Laracha, na Piscina Municipal ou en Cultiagro.
A cuota é de 6 euros para as categorías absolutas e gratis para os menores de idade, incluíndo para todos eles unha camiseta conmemorativa do evento. Cabe destacar que a metade da recadación da andaina irá destinada a Cáritas e a Asociación Española contra o Cancro de A Laracha.
Entre os servizos ofrecidos pola asociación organizadora están o de gardería con monitores para os máis pequenos, así como pinchos ao remate para todos os asistentes.
A organización móstrase moi satisfeita co ritmo que levan as inscricións realizadas tanto de forma online como presencial, xa que aínda queda bastante plazo para seguir aumentado a participación, e confían en superar a barreira dos case 700 participantes da quinta edición, a cal foi todo un éxito.