Avanzan a moi bo ritmo as inscricións para participar na oitava edición da Carreira Popular do Apóstolo, que a Asociación Adro de Vilaño organiza no concello larachés, xunto cunha Andaina Saudable e Solidaria en beneficio de Cáritas e da Asociación Española Contra o Cancro.
O evento será o sábado 12 de xullo en horario de tarde e as inscricións permanecerán abertas ata o 9 de xullo. As persoas interesadas poden inscribirse na web www.carreirasgalegas.com ou ben de forma presencial nas oficinas do Concello da Laracha, na Piscina Municipal, no centro de entrenamento Tempo e en Cultiagro.
A cuota é de 6 euros para as categorías absolutas e gratis para os menores de idade, incluíndo para todos eles unha camiseta conmemorativa do evento.
Entre os servicios ofrecidos pola organización cabe destacar o servicio de gardería, ducha, piscina de crioxénese e fisioterapia, así como unha MasterClass gratuíta de Salsation (baile fitness) e pinchos de balde ao remate para tódolos asistentes.
A organización móstrase moi satisfeita co ritmo que levan as inscricións, xa que aínda queda bastante plazo para seguir aumentado a participación, e confían en superar a barreira dos 750 participantes da sétima edición, a máis multitudinaria despois da pandemia.
Promo do evento.