Supervisada a instalación dunha nova marquesiña en Vilarrodís-Arteixo

0 minutes read

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou este martes unha marquesiña instalada en Vilarrodís – Arteixo, no marco do Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos públicos de transporte, que prevé colocar 150 novas instalacións na comunidade, cunhas 30 xa en servizo. Vázquez destacou que o Goberno galego segue avanzando con intensidade no proceso de renovación do mapa de liñas de autobús interurbano a través do novo Plan de Transporte Público de Galicia, que estará culminado neste ano 2020.