Supervisada a mellora do alumeado público en Ponte Grande e a Feira Nova, en Coristanco

1 minutes read

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, visitou o concello de Coristanco para supervisar as obras de mellora de alumeado público en Ponte Grande e a Feira Nova, realizadas ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental do ano 2023. Neste senso, apuntou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte, a través desta orde, recibiron axudas os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Coristanco, Dumbría, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas por un importe total de máis de 614.000 euros. 

Trenor destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009, da lei pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.