Supervisada a montaxe do Festival Morriña Fest que se celebra no estadio de Riazor, na Coruña


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, supervisaron este martes a montaxe do Festival Morriña Fest que se celebrará esta fin de semana no estadio de Riazor, un concerto que se presenta cun cartel con grandes artistas de nivel internacional e nacional e que conta co apoio do Concello e da Xunta xa que se inclúe dentro da iniciativa “Concertos do Xacobeo”.

Estamos convencidos de que Maluma, Black Eyed Peas, Franz Ferdinand, Cristal Fighters, o rapero Duki, Vera ou Xoel López, entre outros grandes artistas traerán decenas de miles de persoas e o éxito a esta cita. Estamos seguros de que a colaboración entre a iniciativa privada e as administracións é o camiño”, apuntaron ambas autoridades.