Supervisadas as actuacións da Administración central en Santa Comba

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou este venres o Concello de Santa Comba para supervisar as actuacións do Goberno no municipio xunto ao alcalde, Alberto Romar. Ambos puxeron en valor actuacións como a recente substitución das luminarias do concello, cun investimento do Goberno de algo máis de 900.000 euros, e na que tamén se incluía a iluminación de varios pasos de peóns.

Ademais destacaron a inclusión de Santa Comba no Plan de Sustentabilidade Turística Terras de Santiago que, cun investimento de 1,3 millóns de euros, promove actuacións que buscan potenciar os mercados gastronómicos locais, crear e difundir novos formatos de turismo gastronómico na comarca e reforzar a oferta de turismo activo.

Pedro Blanco, apelou tamén ás actuacións para levar a banda ancha a todos os concellos de Galicia, unha iniciativa que se materializa a través do Programa UNICO do Ministerio de Asuntos Económicos e que en Santa Comba permite dotar de conexión de Internet de alta velocidade a máis de 700 empresas e fogares.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha