Supervisadas as obras da cuberta do patio do CEIP Otero Pedrayo da Laracha

1 minutes read

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López, supervisaron o remate das obras do cambio de cuberta do patio interior do CEIP Otero Pedrayo que contaron cun orzamento de 48.000 euros.

Os traballos consistiron na retirada da actual cuberta de fibrocemento, para o que se elaborou o protocolo de desamiantado regulamentario. A nova cuberta esta executada cun panel sandwich formado por dúas chapas de aceiro galvanizado de 0,5 mm de espesor. Na mesma dispóñense unhas bandas lonxitudinais de material traslúcido para ter iluminación natural no espazo baixo a cuberta. Ademais instaláronse todos os remates necesarios en chapa de aceiro galvanizado con protección HDX, un canlón de aceiro inoxidable e unha novas baixantes de pvc para o correcto funcionamento da cuberta.

A finalidade da obra foi acadar as condicións axeitadas de uso no espazo baixo a cuberta así como mellorar as condicións térmicas deste espazo.

A actuación enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para o deseño dos centros educativos do século XXI e para a adaptación dos existentes ás novas necesidades do ensino.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?