Supervisadas as obras de mellora do centro de saúde de Ponteceso

1 minutes read

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou as obras de mellora que se levaron a cabo no centro de saúde de Ponteceso que supuxeron un investimento do Goberno galego de máis de 79.000 euros, para a rehabilitación da cuberta que recolleu tamén a colocación do canalón perimetral interior e prolongación de tubaxes de ventilación existentes no baixo cuberta.

Tamén se financiou o pintado das paredes exteriores incluíndo a limpeza a presión de todas as superficies, rascado de desconchados, emplastecido e selado de fisuras e varias mans de pintura. Ademais, levouse a cabo a reparación do murete perimetral incluíndo a aplicación de mortero e selado de fisuras. Finalmente, tamén se renovou todo o chan por pavimento vinílico.


O delegado da Xunta puxo en valor este apoio económico para mellorar a calidade asistencial do centro de saúde e para facilitar o seu uso por parte dos veciños e destacou o esforzo inversor para acondicionar o edificio municipal no que se presta o servizo sanitario aos veciños de Ponteceso.