O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, acompañado do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, supervisaron o inicio das obras do cruzamento de Solymar que executa o Ministerio de Transportes no concello de Oleiros, e que suprimirá un dos puntos máis conflitivos de circulación da área metropolitana coruñesa. Cun investimento de 9,8 millóns de euros e un prazo de execución de 34 meses, a nova ligazón no punto quilométrico 5,2 da AC-12 prevé a construción dunha glorieta elevada, a ordenación de accesos e os cruces peonís con seguridade, ao longo de 600 metros. O delegado do Goberno puxo de relevo que máis da metade do investimento destinado a estradas en Galicia este ano dedicouse a tarefas de conservación e mellora das infraestruturas. Un total de 39 millóns de euros que se enmarcan na estratexia do Ministerio de apostar pola seguridade viaria “mantendo nas mellores condicións as infraestruturas existentes”, apuntou.
16