O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde da Laracha, José Manuel López e polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades, Indalecio Cabana, visitou o CEIP Alfredo Brañas para poñer en valor os traballos realizado neste centro no que se levaron a cabo obras cun investimento de case 220.000 euros de substitución de fiestras e SATE, ademais doutras actuacións menores.
O delegado da Xunta destacou que con esta actuación mellorouse a eficiencia enerxética do edificio e a confortabilidade do centro educativo para todos os usuarios.
Posteriormente, o delegado desprazouse ata o CEIP Ramón Otero Pedraio para supervisar as obras do peche perimetral que se están executando nunha parcela anexa ao centro educativo para habilitar unha zona de aparcamento para autobuses e coches particulares e un espazo de zona verde para complementar os servizos que se ofrecen para alumnos, equipo docente e familias neste colexio.