Supervisados na Baña os traballos do obradoiro de emprego “Promoción 2021”

0 minutes read

Na comarca de Santiago estanse a desenvolver 10 obradoiros de emprego para mellorar a formación de 184 desempregados. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou aos alumnos do obradoiro de “Promoción 2021” centrado en Actividades Auxiliares en Conservación e Mellora de Monte e en Operacións Auxiliares de Revestimentos Continuos en Construción. Cabe destacar o compromiso dos concellos da Baña, Val do Dubra, Negreira e Santa Comba, asociados para sacar adiante este taller, coa empregabilidade porque levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e conseguen importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afrontan.