O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, supervisou o estado e situación dos terreos que o Concello de Mos ten previsto ceder á Xunta para que constrúa vivendas de promoción pública (VPP) destinadas a atender a demanda residencial do municipio. Acompañado pola rexedora, Nidia Arévalo, o director do IGVS desprazouse ata San Eleuterio, na parroquia de Tameiga, onde está localizada a parcela de 2.000 metros cadrados na que se proxecta a futura promoción e que forma parte dun terreo cun total de 6.000 metros cadrados, que tamén é de titularidade municipal na súa integridade. Unha vez que dispoña da parcela referida, o IGVS encargarase de contratar a redacción do proxecto de construción, no que se definirán tanto o número como as características das futuras vivendas protexidas.
32