A gaiteira Susana Seivane será a convidada do mes de maio das conversas «As mulleres, cen anos despois de Emilia Pardo Bazán», coas que o Concello, en colaboración da Real Academia Galega, quere reivindicar a figura da escritora no seu centenario. Con este ciclo preténdese darlle exemplos á mocidade de mulleres que son referentes en distintos ámbitos, neste caso, no mundo da música. Seivane protagonizará a cita deste xoves, ás 18.00 horas, en que intercambiará palabras co xornalista Manuel Rodríguez. O público poderá asistir previa reserva de praza e o evento retransmitirase a través da canle de Youtube de Cultura da Coruña. A cambresa empezou tocando a gaita aos tres anos para se converter nunha das intérpretes máis prestixiosas cun recoñecemento a nivel internacional que vén do seu virtuosismo e dunha carreira cargada de éxitos.
42