Suspenden un xuízo por un desencontro entre a Policía Nacional e a Garda Civil

Un desacordo entre a Garda Civil e a Policía Nacional sobre o traslado dun acusado aos xulgados de Santiago, obrigou a suspender un xuízo por tentativa de homicidio.

O acusado é un home ao que culpan de atropelar adrede o seu ex-cuñado en Boiro hai sete anos. Pois ben, este home ingresou no hospital de Pontevedra o luns. Pero un forense ditaminou que estaba en condicións de asistir ao xuízo previsto para estos días na sección da Audiencia Provincial con sede en Santiago.

Este mércores, o maxistrado contactou para o trasado coa Policía Nacional, que lle pasou a pelota á Garda Civil. Despois de hora e media, a Garda Civil respondeu que era competencia da Policía Nacional. Ao final, houbo que suspender o xuízo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha