0
A entidade que ata o momento tiña a concesión di que, polo de agora, non pode impartilos. Alegan que a nova normativa non lles dá un período de transición para adaptarse ao novo modelo liberalizado. A DXT estima que a suspensión afecta a 950 condutores xa apuntados nos cursos, pero na concesionaria falan de 6.000 afectados. O cambio na norma faise, segundo Tráfico, por unha sentenza do Supremo que obriga a liberalizalos. Mentres, a concesionaria cuestiona o novo modelo e alega que non se pode implantar da noite á mañá.