Suspéndense os ensaios en humanos da vacina española contra a covid


A Axencia Española do Medicamento non autorizou os ensaios clínicos en humanos da vacina española contra o coronavirus que desenvolve o equipo do investigador Mariano Esteban do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CSIC) xunto con Biofabri. A paralización, segundo sinalou o CSIC nun comunicado, prodúcese porque a Axencia Española do Medicamento aínda non respondeu á solicitude de autorización para o seu traballo.

O CSIC tamén asegura que é “totalmente falso” que a administración da vacina producise a morte “por lesións pulmonares dun dos macacos empregados nos ensaios preclínicos”, como informaron algúns medios, se fose así, non se houbese solicitado o ensaio clínico, subliñan.

Tanto o CSIC como a empresa galega Biofabri -que é a encargada de fabricar os lotes das vacinas para os ensaios con humanos- aseguran que se seguiron todos os protocolos internacionais usuais no desenvolvemento dos ensaios preclínicos de vacinas, e que, con base nos resultados en canto a seguridade e eficacia, considerouse adecuado solicitar o ensaio da fase clínica.