Suspendida a busca dos desaparecidos no vertedoiro de Zaldívar

dpm.

A primeira hora deste sábado, reiniciáronse os labores de busca dos dous traballadores que quedaron sepultados no desprendemento dun vertedoiro na localidade biscaíña de Zaldívar.

Bombeiros e Ertzainas, protexidos con material adecuado, tras a aparición de amianto, buscaron os dous operarios do vertedoiro, despois de derrubarse máis de medio millón de metros cúbicos de residuos industriais, que se precipitaron monte abaixo o xoves pasado, o que obrigou a cortar a autoestrada AP-8 que une Bilbao e San Sebastián, á altura da localidade biscaíña de Zaldívar.

Os traballos quedaron suspendidos pola choiva e reanudaranse o antes posible de novo.