Nunha festa declarada de Interese Turístico internacional e que pode reunir nas praias a miles de persoas sería imposible manter o distanciamento social que garante a prevención do virus, polo que haberá que agardar ao ano que vén para festexar o San Xoán no Orzán e Riazor. A noite do 23 de xuño prohibirase o acceso ás praias polo que o lume das cacharelas non arderá á beira do mar como cada ano. Dende o Concello afirman que foi unha decisión dificil, pero que o prioritario é a saúde. Non é unha cuestión doada. Para min é unha decisión terriblemente dolorosa porque o San Xoán é a festa grande da cidade. Pero non podemos permitir que se xunte 100.000 ou 120.000 persoas nos areais», explica a alcaldesa da cidade, Inés Rey.
Suspendida a celebración do San Xoán nas praias da Coruña
Imaxe de arquivo dun San Xoán na Coruña