Suspendida a regra de gasto dos concellos para darlles liquidez


O Goberno prepara un decreto para permitirlles aos concellos usar este ano o superávit acumulado en 2018 e 2019. Ademais, cando fagan os seus presupostos, non terán teito de gasto. Os topes que impón a Lei de estabilidade orzamentaria quedarán suspendidos este ano e probablemente tamén o que vén. O executivo rectifica así catro días despois de dicir que non había plan B tras a derrota do seu anterior decreto no Congreso.

María Jesús Montero, ministra de Facenda, explicaba que “imos impulsar un decreto-lei que pemita que o 85% das medidas que contaban cun amplísimo consenso que contiña esta norma poidamos volver presentalo. A miña intención é que en 2021 tamén estean suspendidas as regras fiscais para os concellos”. Montero cifra en 3.000 millóns de euros o impacto nas arcas municipais. A Federación de Municipios e Provincias e a oposición apláudeno.