Suspendida a segunda edición de ‘Destapa A Laracha’

1 minutes read

O Concello tomou a decisión de suspender a celebración da segunda edición de Destapa A Laracha, o evento gastronómico que pretendía organizar cos obxectivos de dinamizar o sector da restauración e desestacionalizar a oferta turística, e no que estaban establecidos dous premios de mil euros cada un aos mellores petiscos.

Despois da campaña informativa desenvolvida polo Concello, na que se convidara a participar a todos os locais hostaleiros do municipio con independencia da súa cualificación ou categoría (taberna, bar, cafetería, mesón, café-bar, restaurante ou despacho-degustación), unha vez concluído o prazo de inscrición non se alcanzou o número mínimo de establecementos anotados para poder celebrar o evento nas condicións máis óptimas que ofrecesen ao público unha experiencia gastronómica con variedade tanto de petiscos como de ubicacións de locais ao longo de todo o territorio municipal.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?