Suspendido o espectáculo de fin de ano da Praza da Quintana por mor do mal tempo

1 minutes read

Os fortes refachos de vento e as abundantes choivas previstas na cidade de Santiago de Compostela impedirán a celebración do espectáculo de luz, son e danza co que a Xunta de Galicia tiña previsto pechar o Xacobeo 21-22 dentro dos actos de Peche da Porta Santa da Catedral de Santiago e que terían lugar na Praza da Quintana.

A situación meteorolóxica prevista, imposibilita a instalación de equipos técnicos e a actuación no exterior da compañía Nova Galega de Danza, que tiña preparado un espectáculo no que estaba previsto que participase un equipo de arredor de 100 persoas, entre o corpo de baile, o coro, técnicos e persoal de apoio, así como un equipo da Televisión de Galicia que realizaría a transmisión en directo deste acontecemento.

O espectáculo de Nova Galega de Danza convidaba á peregrinación a través do baile, a música, o canto, a luz e as sombras, ata chegar ao destino final no que se atopa a emblemática Praza da Quintana de Santiago de Compostela. Tamén incluía un cántico de arrieiro interpretado por Xurxo Fernández, as músicas de Sergio Moure de Oteyza e o coro de Carmen Rey, así como unha reinterpretación da Negra sombra de Rosalía de Castro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?