Suspendidas as saídas de fin de semana dos residentes dos centros de atención á discapacidade

Sede Aspnais en Lugo_ Cedida.

A Xunta decidiu suspender as saídas de fin de semana dos residentes dos centros de atención á discapacidade mentres dure a campaña de vacinación e ante o empeoramento da situación epidemiolóxica. Esta medida afecta tamén ao resto de saídas, impliquen ou non pernocta.

En canto ao réxime de visitas, estes centros atópanse en nivel de risco alto polo que poden recibir unha visita á semana por unha persoa de referencia durante unha hora. Trátase dun endurecemento das medidas de prevención que afecta a toda Galicia e que se revisará cando finalice o proceso de vacinación e se garanta a inmunidade dos traballadores e residentes.

Actualmente, os centros de atención á discapacidade de Galicia rexistran un total de 72 casos positivos entre os seus usuarios e 29 entre os seus traballadores.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha