39
O Concello da Coruña suspende as actuacións musicais, o 34 festival Noroeste Estrella Galicia e as feiras do libro e do cómic polo rebrote de coronavirus na área sanitaria. Estas medidas chegan minutos despois de que Sanidade decretase que os nove concellos da comarca da Coruña volven a fase 2. Isto supón o peche do lecer nocturno e a prohibición de festas e verbenas. Desde o Concello informaron que esta tarde darán máis información, por se estes eventos se aprazan ou definitivamente se cancelan.