Suspendido o Bergantiños FC – Somozas, por un positivo en Covid

O Bergantiños FC publicou un comunicado nas súas Redes onde informa que o partido de Fútbol que estaba previsto celebrar este domingo ás 17:00 horas en As Eiroas contra o Somozas, queda suspendido por un positivo en Covid dun xogador do equipo visitante. Desde o equipo do Somozas informan que toman esta decisión por precaución, a pesar de que o afectado non estivo en contacto con ninguén e se atopa illado no seu domicilio con síntomas leves. Cabe lembrar que se trataba dun encontro moi importante para os dous equipos o desta xornada 11 da Terceira División Grupo 1, dado que ambos están emparellados a 23 puntos na cabeza da tabla clasificatoria, aínda que o Bergantiños cun partido menos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha