42
O Centro Hípico de Casas Novas comunicou a cancelación do Concurso de Saltos Internacional de 4 estrelas que ía acoller en xullo o recinto situado na localidade coruñesa de Arteixo. Os organizadores do evento explicaron nun comunicado que «a crise sanitaria ocasionada pola pandemia do COVID 19 está a impedir o normal desenvolvemento de todo tipo actividades a nivel mundial, entre outras moitas as de carácter deportivo», e afectou tamén ao Concurso de Saltos, que ía celebrar a súa cuadraxésima edición. Dende a organización sinalan que queren evitar calquera risco para a sáude dos participantes no consurso e o público, ao tempo que se solidarizan coas vítimas desta pandemia.