41
- Desde a Concellería de Cultura están traballando nun programa con actividades alternativas
O gran Entroido de Fisterra queda suspendido para este ano 2021 debido á situación sanitaria actual. Así o comunicaron desde a Concellería de Cultura do propio Concello.
Segundo sinalaron nas redes sociais, a cancelación da programación oficial do Entroido 2021 é unha decisión «tomada con responsabilidade institucional». Aínda así, xa están traballando nun programa de actos alternativos co que lembrar «a memoria histórica do Entroido fisterrán».
Os actos que se poidan realizar estarán suxeitos a todas as medidas de seguridade e hixiene, evitando aglomeracións de xente nas rúas e instalacións.