Suspendido o Gran Fondo Ézaro de 2020

Foto.- Cedida.

O espectáculo ciclista máis grande de Galicia quentaba motores para a súa edición 2020 co respaldo internacional da UCI Gran Fondo World Series e o reto de continuar crecendo.

O 5 de xullo, a marea ciclista volvería asolagar a Costa da Morte a través dun percorrido espectacular, no que os participantes estarían acompañados de grandes nomes do ciclismo e no que habería desafíos, esixencia e un «muro» por escalar, pero de momento a cita terá que esperar, a organización do evento fixo saber na mañá deste sábado a través dun comunicado que a edición para este 2020 queda suspendida, e a proba celebrarase en xullo de 2021.

A organización alude a cuestións sanitarias e á necesidade de protexer os seus participantes. O prazo de inscrición mantense aberto. Os que xa estean anotados conservarán a súa praza de forma automática. A organización atenderá as solicitudes dos que prefiran darse de baixa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha