Suspendido o inicio da vacinación con Janssen


O Ministerio de Sanidade comunicou na tarde deste martes ás comunidades autónomas que non recibirán as 300.000 doses da vacina contra a covid de Janssen como estaba previsto, despois da decisión da farmacéutica de pospoñer a entrega do seu soro en Europa. O departamento que dirixe Carolina Darias trasladou esta nova ás autonomías tras a información recibida por parte do laboratorio arredor do atraso no envío das primeiras doses, que en principio ían a inocularse ás persoas de entre 70 e 79 anos. Unha decisión que a compañía farmacéutica tomou tras a suspensión cautelar ordenada polos Centros para o Control e a Prevención de Enfermidades de Estados Unidos (CDC) e a Administración de Drogas e Alimentos (FDA) daquel país, ante a aparición de seis casos dun tipo de coágulo sanguíneo “raro e grave”.